Sarabela estrea 'O dragón de ouro', unha trepidante obra coa inmigración ilegal e a prostitución de fondo
É a primeira vez que se leva á escena en galego unha obra do prestixioso dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, o autor xermano vivo máis representado a nivel internacional, grazas á tradución de Catuxa Pato. A peza poderá verse en Ourense os días 23, 24 e 25 de febreiro e despois xirará polo resto de Galicia