Cultura
'Rapa', 'O Corno' e 'Matria' dominan as candidaturas finalistas aos Premios Mestre Mateo
A serie Rapa suma 16 candidaturas, entre elas 6 de interpretación. O filme de Jaione Camborda acapara 14 opcións de premio, mentres que o dirixido por Álvaro Gago acada 12 finalistas. As premiadas e premiados da XXII edición dos galardóns do audiovisual daranse a coñecer na gala de entrega, que se celebrará o sábado 23 de marzo no Coliseum da Coruña.
A lectura en galego, en mínimos: só o 3,1% prefire ler na lingua do país
Os datos do último Barómetro de Compra de Libros e Hábitos de Lectura que publica o Gremio de Editores amosan un descenso da porcentaxe de persoas que optan por ler en galego. Fran Alonso (Xerais) denuncia que os datos "poñen de relevo a carencia de políticas de apoio por parte da Xunta e as dificultades extremas ás que se enfronta a industria editorial e os escritores e escritoras galegas"
- Entrevista | Fernando Ramallo
- Cultura
"É moi lamentable que unha sociedade do século XXI teña prexuízos lingüísticos"
O libro 'Que pasa co galego? 32 preguntas sobre a situación social da lingua', publicado por Edicións Xerais, está escrito polo catedrático de Lingüística Xeral da Universidade de Vigo Fernando Ramallo, que formou parte do Comité de expertos da Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias do Consello de Europa, pero diríxese ao conxunto da sociedade que convive coa lingua. Nel atópanse cuestións como o uso do galego nas redes sociais, o bilingüismo, a relación coa Lusofonía, a intelixencia artificial, os dereitos lingüísticos ou a influencia do capitalismo sobre a lingua galega
Grande Amore : II
Noel Feáns
Unha app moderniza a plataforma de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe, con 14.000 títulos e 17.000 usuarios en 2023
A Xunta uniformiza a imaxe dos carnés da rede galega de bibliotecas e habilita unha modalidade dixital para poder empregar tamén no préstamo presencial de libros
A RAG presenta a programación ao redor de Luísa Villalta para as Letras: "a súa voz insubornábel merece ser coñecida"
Os actos centrais do 17 de maio celebraranse na Coruña, onde a poeta naceu e viviu e á que dedicou moitos dos seus textos. Será un pleno extraordinario e público no que intervirán Ana Romaní, Margarita Ledo e Manuel Rivas. Nas vindeiras semanas a Academia publicará contidos para a rapazada e unha serie documental que afonda na figura e na obra da homenaxeada
O Concello de Santiago protexe un mural que Lugrís pintou nun restaurante hoxe convertido nun '100 Montaditos'
O Goberno local busca garantir "por razóns de interese público" a protección in situ do mural, que data de 1954, o derradeiro exemplo dos que o Lugrís pintou en Compostela que aínda se conserva no mesmo lugar para o que foi pensado, algo "que lle engade máis valor á obra"
A zona de interese. Sempre a banalidade do mal
Sabela Álvarez Núñez
'Taxi Compostelle': 60 historias para contar 60 anos de emigración galega en Suíza
Antonio Rodríguez, fillo de galegos, organiza na cidade suíza de Delémont unha mostra que repasa seis décadas de "ida e volta", de "intercambios culturais, económicos ou gastronómicos" entre Galicia e o país helvético, a través de testemuños e retratos de decenas de emigrantes.
- Entrevista | Grande Amore
- Cultura
"Gústame expoñerme nas cancións e contar máis do que lle diría a unha persoa de normal"
Para Nuno Pico (O Valadouro, 1995) a saída do seu segundo disco, titulado así, II (Ernie Records, 2023), supón o maior reto ata hoxe. Loitar contra si mesmo para permitir que as súas cancións sexan como el quería en realidade, crúas e directas. Deixarse asesorar por Carlangas na produción, tras longas conversas, fixo brillar aínda máis esa maxia particular que ten Grande Amore, no que xa non está só Nuno tras a incorporación primeiro de mariagrep e máis tarde de Clara Redondo.
Loita Amada : Rematou o simulacro
Noel Feáns