- Entrevista | María López 'Maló' (Alingua)
- Cultura
"Os neofalantes sabemos que non é cuestión dun día: é un tema moi emocional no que tes que traballar moito antes de dar o paso"
Falamos coa presidenta rotatoria de Alingua (Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega), a concelleira teense María López Maló. A entidade, na que 20 concellos cooperan para dinamizar e normalizar o idioma, vén de poñer en marcha a campaña É túa, pásaa!, que busca espallar o uso da lingua.