- Entrevista | Leilía
- Cultura
"Chegamos a tempo para ser ponte directa entre as aldeas e o presente"
Leilía foron as primeiras, din que chegaron no momento xusto. O pasado 4 de marzo Ana Rodríguez, Rosario Rodríguez, Montse Rivera, Felisa Segade, Patricia Segade e Mercedes Rodríguez anunciaron a súa despedida dos escenarios. Agora din adeus aos palcos coa xira de Vidas cantadas, como cantadas foron as vidas das mulleres que as axudaron a recuperar a cultura galega arrasada.