- 📺
- Cultura
Vídeos en galego desde os colexios: DígochoEu premia escolares de toda Galicia
Escolares de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Cangas, A Fonsagrada e As Neves fanse cos galardóns organizados polo espazo de divulgación da lingua da TVG.
Escolares de Santiago, Ferrol, Pontevedra, Cangas, A Fonsagrada e As Neves fanse cos galardóns organizados polo espazo de divulgación da lingua da TVG.
Catro mil libros e máis de trescentas actividades na XXIV edición do Salón do Libro de Pontevedra, que se celebrou no Pazo da Cultura e programou máis accións nas parroquias. "A pandemia fixo algo a favor: ser conscientes do que perdemos e agora que o recuperamos a xente o abrazou dunha forma alucinante", asegura a concelleira de Cultura, Carme Fouces
Fillas de Cassandra, Bratzantifa, a poeta Nuria Vil, Hydn, o dúo Aldaolado e a compañía Chévere estarán esta fin de semana no festival Polas Bravas de Chantada, organizado pola asociación feminista Polamiúda con actividades gratuítas para todos os públicos
Preto de 4.000 votos premian os poemas 'Mamá fala en linguaxes de documentos predeterminados' e 'Se de repente perto fosse um verbo' da ourensá Arancha Nogueira e a barcelense Maria Isabel Fidalgo no certame aRi[t]mar
Luca Chao vén de publicar na colección Feminismos da Editorial Galaxia a obra Feminismo en cen palabras, un compendio de explicacións de conceptos que arrodean a este movemento e que a autora define como "dicionario feminista".
O Festival de Cans celebra a súa vixésima edición, dúas décadas nas que o certame medrou en dimensión pero nunca perdeu a súa esencia. Falamos co seu director, Alfonso Pato, sobre a programación deste ano e tamén sobre a identidade e traxectoria do evento, cos chimpíns a piques de arrincar.
Retratos en branco e negro (Galaxia) é a primeira obra publicada de narrativa para adultos de Charo Pita, autora coñecida sobre todo polo seu traballo -case 30 anos xa- como narradora oral. A necesidade de perderse na vida para encontrarse, as violencias soterradas ou os equilibrios que rompen son algúns dos alicerces dos contos deste libro. Falamos con ela deste volume de relatos e da súa obra publicada en xeral.
"Non valerían nada o tempo e o espazo se non tivesen un contido", escribe Paco del Riego a propósito da súa intención de "resucitar os momentos pretéritos" e recuperar o "ambiente espiritual" nas páxinas de 'O río do tempo. Unha historia vivida', unhas memorias publicadas en 1990 en Edicións do Castro que a Editorial Galaxia recupera para a Biblioteca Fernández del Riego
A XIV edición da Mostra Internacional de Cinema Periférico terá lugar entre o 26 de maio e o 4 de xuño na Coruña. O británico Anthony McCall, que achegará o seu cine de “luz sólida”, e a canadense Barbara Sternberg, referente da vangarda internacional, serán dous dos protagonistas do certame
A ILP reclama "a restauración do texto fidedigno do himno galego e a súa difusión”.