Cultura
As foliadas, no camiño de seren Ben de Interese Cultural polo seu carácter de "manifestación festiva comunitaria"
O proceso para acadar a categoría de BIC segue a avanzar coa entrega na Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do Informe técnico que xustifica este recoñecemento e que fai fincapé nas "persoas portadoras" e nas medidas de salvagarda e promoción desta práctica
Boadicea, unha nova editorial para a fantasía e as primeiras veces
Tres docentes con experiencia no mundo editorial crean un novo selo especializado en literatura fantástica e cunha colección de novelas xuvenís para iniciarse na ciencia ficción, a cabalaría ou o salvaxe oeste
- Entrevista | Santi Veloso
- Cultura
"Parece que un proxecto educativo é algo menor, pero este premio demostra que Ponte nas Ondas debía ser apoiado"
Este xoves Ponte nas Ondas! foi recoñecida oficialmente pola UNESCO como exemplo de boas prácticas na preservación do patrimonio inmaterial. A entidade reclama dos gobernos a incorporación formal ao sistema educativo do seu modelo traballo aulas.
- Entrevista | Antía Otero
- Cultura
"Déixase caer que as autoras estamos a copalo todo. Non é certo"
Barroco é a acumulación de aprendizaxes e experiencias que conforman a nosa identidade. Ou as outras, as subalternas, que quedaron fóra da Historia. Unha perda persoal que leva á devastación, ás feridas do colectivo. Ou os afectos como entorno seguro ao que acollernos. Varios piares temáticos sosteñen o novo poemario de Antía Otero
'Iphixenia na porta do súper': o teatro que defende a sanidade pública a través dunha moza de barrio
A Compañía Humana está a preparar a obra, a partir do texto orixinal do galés Gary Owen, que fai un paralelismo entre o sacrificio do mito clásico de Eurípides e unha moza actual que sofre en primeira persoa as consecuencias da falta de médicos. É un dos monólogos máis premiados dos últimos anos e a partir de marzo poderá verse por primeira vez en galego
A UNESCO recoñece a irmandade galego-portuguesa de Ponte nas Ondas! como exemplo de boas prácticas
Con case tres décadas de traxectoria, PNO! é recoñecida oficialmente no organismo cultural da ONU pola súa preservación do patrimonio inmaterial a través das dúas múltiplas actividades culturais encabezadas pola radio. "Esta ponte nas ondas da radio integrou a voz de persoas e comunidades de ambas beiras da fronteira luso-galaica" e agora gaña "uma nova dimensão", celebran
'As Bestas' lidera os finalistas aos Goya, con opcións para Tosar, Gutiérrez, Zahera e Anido e a animación galega
O filme de Rodrigo Sorogoyen inspirado no crime do "holandés de Petín" suma 17 opción de premio nos galardóns, que se entregarán o 11 de febreiro en Sevilla con protagonismo galego nas categorías actorais e na animación, onde Alberto Vázquez opta ao seu cuarto galardón por Unicorn Wars.
- Reportaxe
- Cultura Pontevedra
De convento a museo: portas abertas en Santa Clara tras un ano como patrimonio público de Pontevedra
O Concello de Pontevedra abre as portas de Santa Clara os días 3 e 4 de decembro para seguir os pasos das escavacións que permiten coñecer a evolución do edificio e achegarse a como vivían as monxas de clausura ao longo dos séculos
Lucía xa ten pandeireta: Xabier Díaz agasalla a moza ancaresa en Barcelona tras confiscarlle a súa a Guàrdia Urbana
O músico reaccionou axiña cando Lucía Rodríguez compartiu a través dun artigo na tribuna de Praza.gal que a súa pandeireta fora confiscada pola Guàrdia Urbana, que a obrigaba a pagar para recuperala. O concerto de Xabier Díaz en Barcelona propiciou o encontro entre ambos
Radio Océano busca "homes e mulleres do naval" para apoiar o 'furioso silencio' do seu novo disco
A banda coruñesa prepara o lanzamento dun EP de catro cancións "contundentes e incisivas" a través dunha campaña de crowdfunding no que busca recadar seis mil euros. O álbum inclúe referencias ao Prestige, letras de Lois Pereiro ou un poema de Yeats e dálle continuidade á versión de 'Miña Terra Galega' publicada hai uns meses
O 'Zeca' Afonso, presente no Culturgal coa reedición de oito discos e a alianza entre Nordesía e o selo luso mais5
No stand conxunto das dúas empresas poderán adquirirse en CD e vinilo os oito álbums publicados ata agora, incluíso Com as minhas tamanquinhas, que se presenta estes días coincidindo coa feira galega das industrias culturais