Outros tres puntos voan de Balaídos
O Celta pechará o ano no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid o vindeiro venres ás dez da noite. Se non quere verse en problemas, debe volver sumar na liga canto antes para afastarse da zona perigosa
O Celta pechará o ano no Vicente Calderón ante o Atlético de Madrid o vindeiro venres ás dez da noite. Se non quere verse en problemas, debe volver sumar na liga canto antes para afastarse da zona perigosa
Riazor despide o equipo con asubíos por primeira vez en moito tempo logo do empate ante o Valladolid (0-0).
María López e Andrea Ferreiro, xogadoras do CHL Meigas, único club galego de hóquei en liña, conversan con Praza sobre o deporte e os retos do equipo lugués
O Octavio suma o seu terceiro triunfo na Asobal, dous puntos que lle permiten escalar dous postos na táboa ata o duodécimo e afastarse da zona de descenso.
Fopeiro e Carlos Selas comenzan en Elos e Canelas, o blog de ciclismo de Praza, unha serie de reflexións sobre a dopaxe neste deporte actual e o momento actual despois da anulación das vitorias de Lance Armstrong no Tour de Francia.
O Frigoríficos do Morrazo vence por 28-26 no "derbi da ría" do balonmán galego grazas a unha gran remontada final encabezada polo seu capitán, Suso Soliño
Os membros do grupo municipal nacionalista denuncian a retirada de 'estreleiras' das bancadas do Sar e animan os afeccionados a lucilas no vindeiro encontro do equipo compostelán.
O Zaragoza dominou boa parte do partido ante un Celta repregado atrás sen nin sequera acerto para saír á contra. Pero un gol de Iago Aspas a oito minutos do final deulle ós de Paco Herrera un triunfo tranquilizador tras cinco xornadas sen gañar que o afasta da zona de descenso.
Afeccionados do equipo santiagués denuncian que lles foi retirada unha 'estreleira' no Multiusos Fontes do Sar. É o segundo veto a estes símbolos en menos dun mes.
O empate non serve nin a Celta nin a Mallorca para romper coas súas dinámicas negativas. O Celta suma xa cinco partidos sen gañar e o Mallorca consegue o seu primeiro punto tras seis derrotas consecutivas. A ambos lles pasou factura o tramo duro do calendario e están bordeando os postos do descenso.
O Coruxo salvou un punto este domingo na visita do líder do grupo I de segunda división B, o Tenerife, ó campo do Vao. O equipo de Antonio Gómez puido gañar se Iosu Villar aproveita unha das dúas ocasións seguidas que tivo a sete minutos da conclusión. Tamén puido facelo o Tenerife.
Un afeccionado do Obradoiro denuncia que a Policía o ameazou cunha multa de 3.000 euros se non agochaba o símbolo. Seguidores do Celta xa se queixaran de que lles foran requisadas bandeiras no Bernabéu, ao igual que a seareiros deportivistas en Pamplona hai anos.