A 'Vuelta' máis galega... case sen galegos
A rolda ciclista, que percorrerá unicamente o norte de España, comeza este sábado e contará con cinco etapas en Galicia. O seu percorrido, con moita montaña, converte en favorito a Contador no seu regreso á gran competición, fronte a un Froome que -agora si- lidera o Sky e con permiso de Van den Broeck, Purito Rodríguez, Cobo ou Antón. A representación galega redúcese a Gustavo César Veloso.