Denuncian un novo veto a bandeiras nacionalistas galegas en recintos deportivos
Un afeccionado do Obradoiro denuncia que a Policía o ameazou cunha multa de 3.000 euros se non agochaba o símbolo. Seguidores do Celta xa se queixaran de que lles foran requisadas bandeiras no Bernabéu, ao igual que a seareiros deportivistas en Pamplona hai anos.