David Reinero

Unha ducia de raras visitas animais

Hai uns días SEO/BirdLife divulgou o paso por Galicia dun furabuchos balear que foi quen de chegar de Estaca de Bares á Bretaña en só oito horas e media. Como esta, hai outras especies pouco comúns en Galicia -por estar en perigo de extinción ou porque non son nativas- que de vez en cando se deixan ver polo país.

  1. 02

    Lince ibérico

    O lince ibérico desapareceu de Galicia hai décadas, pero os programas de recuperación que se desenvolven no sur da península fixeron que en 2015 foxe xeolocalizado no sueste de Ourense un exemplar, chamado Kentaro, que acabou morrendo atropelado nas proximidades do Porto. [Foto: WWF]

  2. 03

    Oso pardo

    Aínda non hai constancia da súa reprodución en Galicia, pero hai anos que o oso pardo volve estar presente no país -con 11 exemplares segundo o último censo-, nos Ancares, o Courel e mesmo o Macizo Central. [Foto: Zeitun Films]

  3. 04

    Mazarico real

    O único punto da Península Ibérica no que aniña o Mazarico Real, con entre tres e cinco parellas, son os arredores do aeródromo de Rozas, en Lugo. [Foto: Jesús Domínguez Conde / USC]

  4. 05

    Candorca

    Nos últimos anos están a ser noticia as interaccións entre candorcas e veleiros durante as súas migracións polo Atlántico que as adoitan traer ao litoral galego durante o verán. [Foto: Cemma]

  5. 06

    Baleas

    En xeral todo tipo de especies de baleas, incluídas as grandes baleas azuis, están a prodigarse prodigarse pola costa galega durante os últimos anos. [Foto: BDRI]

  6. 07

    Lobo mariño

    Aínda que non crían en Galicia, algúns exemplares de lobo mariño adoitan chegar de xeito recorrente en inverno á costa galega, principalmente entre Fisterra e Ribadeo. [Foto: Xunta de Galicia]

  7. 08

    Tartaruga de coiro

    En perigo de extinción, é unha tartaruga de augas oceánicas e que adoita reproducirse en rexións tropicais, pero que tamén aparece de xeito regular nas costas de Galicia. [Foto: Cemma]

  8. 09

    Pita do monte

    Tras anos de caza sen control, mesmo cun exemplar abatido por Manuel Fraga, a pita do monte acabou desaparecendo de Galicia. Pero non anda moi lonxe, como demostra a localización dun exemplar hai cinco anos a 15 quilómetros de Piornedo. [Foto: SEO/BirdLife]

  9. 10

    Voitre leonado

    Este tipo de voitre non era habitual en Galicia ata que hai un par de décadas se comezou a perseguir a práctica de deixar reses mortas abandonadas no campo, o que os privou desa fonte de alimentación noutras zonas e os fixo achegarse máis. Agora están máis presentes especialmente no Xistral, onde xa sofren o impacto dos parques eólicos. [Foto: SEO/BirdLife]

  10. 11

    Cabra montesa

    A especie de cabra montesa endémica do Xurés-Gerês desapareceu a finais do século XIX, pero un século máis tarde comezou a introdución de exemplares procedentes da serra de Gredos. [Foto: Xunta de Galicia]

  11. 12

    Cegoña

    Viñan en verán, pero as cegoñas están deixando de ser un visitante temporal para asentar cada vez máis tempo en Galicia. [Foto: Xunta de Galicia]