As derivas do naval vigués: “Con 48 anos tiven que comezar de novo”
As singraduras dos principais estaleiros galegos remataron abruptamente nos últimos anos e deixaron na ourela centos de traballadores expertos do naval. Nos últimos 20 anos o emprego do sector en Galicia caeu de 14.000 a 7.000 persoas, das que 4.500 operan directamente na ría de Vigo. Patronal e sindicatos discrepan sobre a saúde dun sector que apunta cara á diversificación.