Os beneficios da AP-9 medran tres veces máis que o tráfico en 2022 e xa rozan o seu récord histórico de 68 millóns
Durante o ano pasado Audasa logrou 67,64 millóns de euros en beneficios despois de impostos, case 16 millóns máis que en 2021. Case o 70% dos tránsitos xa son abonados mediante telepeaxe, un sistema á alza no seu uso por ser preciso para acceder ás peaxes subvencionadas polo Estado, vía que supuxo case 35 millóns de euros en ingresos nese exercicio