As razóns do 8M: o 40% das asalariadas gaña menos do SMI e a fenda de xénero non mingua
A CIG presentou hai uns días o informe sobre a Situación sociolaboral das mulleres en Galiza. Ano 2023, un documento que alerta de que no último ano a fenda salarial de xénero mesmo se incrementou. As maiores fendas salariais danse entre os grupos de maior e menor idade. En ambos os casos superan o 28%.