De Viveiro a Dinamarca polo futuro dos 115 empregos de Vestas: "a bicicleta aprendeume a loitar e a non tirar a toalla"
Alejandro Paleo, ex-ciclista profesional e agora traballador da planta que está ameazada de peche, está a percorrer en bicicleta os 2.800 quilómetros que a separan da sede da multinacional, onde quere entregar na man dos directivos da compañía unha carta asinada polo persoal reivindicando a continuidade da produción. Quere que "coñezan os nosos nomes e as nosas caras" e "vexan que somos algo máis que números".