
18F Eleccións galegas
A Xunta Electoral abre expediente a Rueda por facer electoralismo coas pensións non contributivas
A semana pasada xa abrira outro expediente ao PP por reiteración na divulgación de propaganda prohibida na precampaña e agora o ente de control afea a reiteración do presidente en facer declaracións electoralistas desde o Consello da Xunta
A derradeira enquisa do CIS prevé un forte aumento do BNG e mantén no aire a maioría absoluta do PP
O PP mantén un resultado estimado de entre 34 e 38 escanos, mentres que o BNG dispara a súa estimación e podería superar os 30 escanos, mentres que o PSdeG cae. Sumar, Vox e DO poderían entrar no Parlamento.
Feijóo tenta resituar a postura do PP sobre Catalunya e Rueda pide o voto "para axudalo a que chegue ao Goberno de España"
Tras virar novamente a campaña galega ao conflito catalán, o líder popular di que "non se dan as condicións" para indultar a Puigdemont, sen descartalo, e Rueda introduce unha nova mensaxe pedindo o voto para "para axudar a Feijóo"
- Entrevista | Marta Lois 18F Eleccións galegas
- Política
"Queremos que o próximo goberno progresista galego sexa de mulleres"
"Os galegos e galegas deben lembrar como o 23 de xullo paramos os pés a Abascal e a Feijóo", advirte a candidata de Sumar Galicia, Marta Lois, que avanza que o 18F chegará unha "primavera adiantada" a Galicia cun goberno progresista "a tres" na Xunta
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Feijóo contempla un indulto a Puigdemont tras media campaña de Rueda contra as concesións a Catalunya
A unha semana do 18F Feijóo fala en Lugo en privado con xornalistas de Madrid e varios publican que aceptaría unha vía de achegamento con condicións a Junts
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
'Rock & love' de Pontón ante un PP desconcertante
Nos partidos esténdese a percepción dun PP á baixa á que contribúe a imaxe de Rueda no debate da CRTVG e a potencial capacidade de Pontón para levar o BNG ata caladoiros electorais que historicamente semellaban vedados para a formación. Entre síntomas de fatiga, a maquinaria electoral dos populares tenta devolver a imaxe da nacionalista aos que considera marcos tradicionais do Bloque, caricaturizándoa como un perigo para o país. Analizámolo coa axuda dos politólogos Elba Maneiro e Roi Pérez Vila
15 anos de gobernos do PP, 15 anos de mala xestión certificada polo Consello de Contas
O ente independente fiscalizador das administracións galegas leva anos evidenciando deficiencias na xestión dos cartos e o persoal públicos por parte da Xunta, con eivas que se manteñen desde hai máis dunha década
- Hotel Monumento San Francisco 18F Eleccións galegas
- Política Santiago
Rueda, acompañado do presidente andaluz, rexeita a "soberbia" da esquerda e proclama: "sabemos gobernar"
Para cargar contra o BNG, que o PP presenta xa abertamente como o seu principal contrincante, a número 2 do partido, Paula Prado, renega dun dos dous topónimos do país: "Galicia non é Galiza, é Galicia"
Pontón quere investir o 2% do orzamento en Cultura e impulsar unha lei galega de dereitos culturais
"Se podemos falar dunha cultura galega é porque temos un idioma noso que nos permite falar de ti a ti co resto de culturas do planeta", afirmou a candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, nunha conversa este sábado en Santiago co escritor Carlos Callón, a escritora Berta Dávila, o actor Monti Castiñeiras e o músico Mondra na que avanzou que o seu goberno destinará o 2% do orzamento a investir en cultura
- Auditorio Mar de Vigo 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
Pedro Sánchez redobra o apoio a Besteiro ante a "semana crucial" para "gobernar o cambio"
O candidato socialista á presidencia mantén que o PP "xa sabe" que "vai perder" a Xunta e o PSdeG "está a tempo" dunha "remonta" que o leve ata o Goberno galego. Ante unha Xunta dos populares que "xa non dá para máis" e un Rueda que opta pola "espantada" nos debates, Sánchez pide "concentrar o voto do cambio" en Besteiro que, di, terá "fío directo" coa Moncloa para "poñer a directa en Galicia". Abel Caballero chama a que "toda" a súa cidade vote por Besteiro, quen promete "non fallar a Vigo" tras 15 anos de "ataque constante do PP"
Rajoy fai campaña nun centro de maiores da Xunta en Santiago
A Consellería de Política Social di que os centros sociocomunitarios "son instalacions abertas a todo o público"