Os partidos apuran as derradeiras horas de campaña coa vista posta no domingo
A Coruña, Ourense, Vigo e Madrid son os escenarios dos principais actos deste venres de PP, PSdeG-PSOE, En Común, BNG e En Marea
A Coruña, Ourense, Vigo e Madrid son os escenarios dos principais actos deste venres de PP, PSdeG-PSOE, En Común, BNG e En Marea
Alén dos soportes tradicionais, un dos campos de batalla da propaganda electoral no 28A é Facebook; a rede social permite, tras varios escándalos, consultar que forzas políticas pagan polas súas promocións. PP, Podemos, o BNG e Ciudadanos apostaron por esta vía para chegar ao electorado galego
Centrada na polarización entre esquerda e dereita, e baixo a ameaza da irrupción da extrema dereita, a campaña das xerais remata centrada no voto emocional fronte ao racional e cos líderes estatais alleos á axenda galega
O último acto do popular será este venres en Madrid con Casado, que lle ofreceu o posto que queira no seu hipotético Goberno
Villares apela na Coruña e Santiago ao traballo das mareas municipais que, asegura, En Marea pode trasladar tamén á política estatal. A formación afirma que os seus posibles acordos no Congreso pretenderán "recuperar dereitos e avanzar na senda da xustiza social"
O popular, que critica os venres sociais de Sánchez, chegou a 'aprobar' un suposto informe sen validez xurídica na campaña das xerais de 2011 no que pedía ao Goberno de Zapatero “que se poña a traballar”
A cabeza de lista ao Congreso polo PSOE na provincia da Coruña cre que o vindeiro domingo está en xogo "a involución ou o progreso" e advirte de que "están en cuestión alicerces fundamentais da nosa convivencia que críamos consolidadas".
O líder do PSdeG apela á xente de esquerda e mesmo aos "moderados que algunha vez votaron ao PP e a Ciudadanos" para evitar que os ultras "dirixan o rumbo de España".
"Defender un país non é odiar os independentistas nin dicir que vén o lobo" da extrema dereita, "é defender a pesca, a industria e o sector naval", proclamou Iglesias no mitin central da campaña de En Común-Unidas Podemos en Vigo, onde alertou dun eventual pacto entre o PSOE e Ciudadanos
A líder do Bloque advirte no mitin central da campaña da formación en Vigo que o "discurso do medo" ao avance da dereita "busca que nos conformemos co mal menor" representado, ao seu xuízo, polo voto ao PSOE
Explicamos o funcionamento do sistema d'Hondt para asignar escanos, cuxa proporcionalidade aumenta ou diminúe en función de factores como o tamaño da circunscrición, que neste caso é a provincia