- Radar 28A Eleccións xerais 28A
- Política
Día 4 | Enchente de enquisas e a máquina de meter medo
Axitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco en Galicia
Axitar a pantasma terrorista diante dun eventual goberno de esquerdas é moitas cousas, pero en ningún caso é novo. Tampouco en Galicia
Ao lanzar a súa promesa estrela de crear un Ministerio de Familia para revitalizar a natalidade os populares non están a lembrar que un departamento coma ese xa existiu na Xunta, que contou con Consellería de Familia de 1994 a 2005. Mentres existiu a demografía galega pasou por diferentes ciclos que non cadraron coa creación nin coa desaparición deste departamento
En Común advirte dunha "problemática" que está "fóra da axenda política" e que afecta especialmente a xente máis nova. Propón actuar ante unha actividade “normalizada na sociedade” e que “move 40.000 millóns de euros ao ano”.
A reforma da lei electoral de 2011 implicou a prohibición de inauguracións e accións para salientar "logros" dos gobernos dende a convocatoria formal dos procesos electorais. Os gabinetes dos partidos escrutan as axendas institucionais á procura de eventos propagandísticos. Nos actuais procesos electorais xa foron apercibidos a Xunta, o Goberno central e varios concellos
A Federación de Sociedades Galegas na República Arxentina celebra o 14 de abril advertindo dos perigos da instauración dun "partido neonazi" que quere "coartar liberdades" e dun posible pacto do PP con Vox que "mesmo podería facer que o galego perdese a súa oficialidade"
O candidato do PP apela nunha comida-mitin nunha parroquia de Santiago a acabar coa “demagoxia medioambientalista” de Sánchez e Feijóo preséntao como “o candidato do PPdeGalicia”
Os populares impúxeronse nas sete urbes, pero en Vigo En Marea e PP repartíronse as vitorias nos nove distritos. Na Coruña, a confluencia de esquerdas impúxose en dous e en Ferrol en un. No resto das cidades, gañaron os conservadores.
Se cruzamos a porcentaxe de voto obtida polo PP coa idade media de cada localidade, advírtese unha relación directamente proporcional moi clara: a máis idade media, máis votos para os populares. En Marea rexistrou a relación inversa, obtendo os seus mellores resultados nos concellos máis novos
Dende Tui, Luís Villares sinalou a importancia de deter o avance "do PP das cavernas" de Casado e de recuperar dereitos
Alberto Garzón acompañou os candidatos e candidatas galegas no Teatro García Barbón. “Cando o PSOE está forte goberna con políticas de dereitas. Temos a oportunidade de elixir unha alternativa para as maioría sociais", advirte a formación
Separados por 500 metros, o PP e o BNG celebraron os seus actos principais deste venres en Pontevedra. Rajoy reapareceu para apoiar a Pablo Casado, regresando á cidade na que creceu, a mesma que o declarou persoa non grata