O plan do PP para gobernar Samos fichando o fillo do rexedor do PSdeG acabou co BNG gañando a alcaldía
A operación, 'bendicida' pola cúpula popular ao máis alto nivel, marcou o obxectivo de lograr a maioría absoluta que ata agora ostentara o pai do candidato, que dixo considerarse "de dereitas" tras a fichaxe do fillo polo PP. Malia ao crecemento os conservadores, o Bloque triplicou representación e Chus López converteuse na primeira alcaldesa da historia da vila: "Samos deu un paso á fronte para abrir un tempo novo", di