Lara Méndez, reelixida alcaldesa socialista de Lugo en coalición co BNG para unha "nova alianza de traballo e afecto"
A maioría absoluta lograda nas urnas polas formacións da esquerda o 28M volve ser dabondo para reeditar por sétima vez consecutiva unha investidura apoiada no bloque progresista na cidade da Muralla. Méndez espera que a acción do goberno que volve presidir actúe como "revulsivo de orgullo lucense" e, entre apelacións á "valentía para proxectar o Lugo actual", pide "interese polo entendemento" e "boas praxes" á oposición agora exercida en solitario polo PP