Nun concorrido mitin a medio camiño entre a celebración, a reivindicación e a inxección de folgos, o ex-presidente, o ex-alcalde e o posible candidato socialista á Xunta arroupan á alcaldesa e candidata socialista á reelección, que pide "un último esforzo" para continuar a "segunda transformación" da cidade e advirte de que "hai moita diferenza" entre"gobernos coa boa xente" ou as "malas praxes que só practican as que non son boas persoas". Os anónimos achegados pola actual candidata do PP que incriminaron a Orozco e Besteiro "pertencen á historia da infamia" e "pesarán toda a vida sobre a conciencia dos que maquinaron para facer dano político e persoal" a "dous homes decentes", di Zapatero