Lores recunca como alcalde en Pontevedra e toma nota do "recado" das urnas tras o ascenso do PP
Pontevedra renova a confianza no seu alcalde, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, que conseguiu 9 escanos para o BNG, dous menos que nos anteriores comicios. Dous edís que sumou o PP ata acadar os 11. Tamén subiu o PSdeG, que pasou de 4 a 5 escanos. Mentres Ciudadanos desaparece nesta nova lexislatura.