Un incendio calcina por completo a nave da empresa Ambigal 360, dedicada á reciclaxe, no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba. O lume quedou controlado a pasada madrugada, informa o 112, despois de que fose preciso activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia para coordinar os medios de emerxencia que actuaron na zona, procedentes de numerosos puntos da provincia de Lugo. Emerxencias confirma que non se produciron danos persoais nun sinistro do que se investigan as causas.
Fálase
Un incendio nun transformador na rúa nas proximidades da estación Vialia de Vigo deixa sen luz toda a contorna. Adif desmente que tamén haxa outro incendio no interior do túnel de 8 quilómetros do Eixo Atlántico que comunica con Redondela, como por erro informou Renfe, que tamén advirte de hai varios trens afectados e os viaxeiros deberán empregar a estación de Guixar.
Francisco Conde, á fronte da Xunta pola viaxe de Rueda a América, rexeita valorar as implicacións electorais desa xira. O vicepresidente primeiro presidiu este xoves o Consello da Xunta en ausencia do titular e na rolda de prensa preguntáronlle se considera axeitada a viaxe de Rueda a un mes do inicio da campaña das eleccións municipais. Conde salientou a importancia institucional da viaxe pero non respondeu ás posibles implicacións electoralistas da mesma.
Abanca elixe a canadense Cooke como comprador de Nueva Pescanova. A empresa norteamericana farase co 80% de Nueva Pescanova, que "manterá a súa marca e sede en Vigo", segundo anuncia a entidade bancaria, que manterá o 20% da súa participación na compañía. Cooke presentou unha oferta superior á de Red Chambers e a galega Iberconsa. Foto: CC-BY-SA HombreDHojalata.
Varios feridos e detidos tras unha carga policial nunha protesta de bateeiros polo conflito da mexilla en Santiago. Os dous detidos saíron de comisaría case oito horas despois. Imaxe: CRTVG.
O BNG organizará unha conferencia sobre seguridade ferroviaria en Bruxelas en xullo polo décimo aniversario do accidente de Angrois. A eurodeputada Ana Miranda lembra que España aínda ten pendentes de cumprir diversas cuestións relacionadas coa seguridade derivadas do sinistro. Na imaxe, unha pasada visita a Bruxelas do BNG con vítimas do accidente.
Francisco Conde queda á fronte da Xunta durante a viaxe de Alfonso Rueda a Panamá, Venezuela e México que comeza este mércores. O DOG publica o decreto polo que o vicepresidente primeiro queda encargado do despacho dos asuntos da Presidencia durante a ausencia do seu titular. Este xoves Conde presidirá a reunión do Consello da Xunta.
Adif remata a redacción e expón ao público o proxecto que conectará a liña de alta velocidade Galicia-Madrid coa que vai cara a Valladolid e Irún.
O Sergas sinala que a folga convocada polo sindicato médico CESM tivo un 14,2% de "seguimento global" durante a mañá e redúceo ao 5,38% na Atención Primaria. Por áreas, Sanidade indica que o seguimento foi maior en Vigo (23,71%), seguida de Lugo (15,31%), Santiago (13,91%), Ferrol (12,90%), Ourense (12,86%), A Coruña (11,38) e Pontevedra (6,99). Sempre segundo a Xunta, a folga "motivou a suspensión de 164 cirurxías", o 26% da "actividade media diaria", 3.764 consultas (19% da media) e 398 probas diagnósticas (2,8% do habitual). Na imaxe [©CESM], concentración de persoal médico ante o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, esta mañá.
O histórico sindicalista Suso Díaz pechará a lista de Podemos e Esquerda Unida nas municipais da Coruña, que encabeza o antigo edil da Marea Atlántica José Manuel Sande, que destaca o seu "compromiso inquebrantable coa democracia" e agradece o "paso adiante" de quen tamén é pai de Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno de España e ministra de Traballo.. A candidatura, coa denominación Por Coruña, agrupa a Podemos e EU e mais a Alianza Verde. Na imaxe, Díaz e Sande.