O Concello de Pontevedra lanza unha nova campaña contra a violencia machista e as agresións sexuais. Baixo o lema "sen o meu si, non", preséntase cun vídeo protagonizado por Isabel Risco
Fálase
Convocado para o 12 de setembro o pleno da Deputación de Lugo que disolverá a sociedade urbanística Suplusa, "cumprindo así co recollido no pacto de Goberno" de PSdeG e BNG, destacan dende a institución agora presidida por José Tomé. A solicitude de convocatoria do pleno para disolver a entidade presidida no anterior mandato polo alcalde de Becerreá foi asinada polos tres grupos da corporación.
Así foi a 'Gran Noite de Galicia' no Festival Intercéltico de Lorient, onde este ano é o país convidado. Máis de 150 artistas subiron ao escenario, encabezados por Xosé Lois Romero & Aliboria, Tiruleque, Suso Vaamonde, Davide Salvado ou Pablo Seoane.
A Garda Civil intervén nas Neves 144 litros de augardente "artesanal e clandestina". Segundo o Instituto Armado, o achado produciuse "nunha tenda de alimentación que tamén dispón de bar" onde o produto era vendido en botellas "de curso legal" doutros licores. O propietario "enfróntase a dúas denuncias" por vender augardente sen precintos oficiais e por reutilizar os doutras botellas. (Imaxe: Garda Civil)
O accidente de tráfico no que morreu unha carteira nos Blancos produciuse durante a súa xornada laboral, resalta o sindicato CGT. No sinistro tamén resultou ferida grave a muller que conducía o outro vehículo implicado no choque.
Un xulgado da Coruña obriga a Ryanair a indemnizar con "case 2.000 euros" a dúas pasaxeiras por un atraso de seis horas nun voo Santiago-Madrid. Segundo informa a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), da que ambas son socias, a aeroliña inicialmente aboou 250 euros pola demora, pero a sentenza obrígaa a "facerse cargo dos danos e prexuízos" derivados dela, como a perda doutros voos e dos servizos hoteleiros contratados no destino.
O PP invita ao Rei a que propoña un candidato alternativo a Pedro Sánchez. O número 2 dos populares, Teodoro García Egea, suxire un “candidato de consenso” ou “unha alianza de partidos constitucionalistas entre PP e Ciudadanos coa abstención do resto de partidos.
Esta fin de semana comezou o Festival Intercéltico de Lorient, onde Galicia é o país convidado e no que a música galega é a protagonista, con ducias de actuacións.
Touradas Fóra de Pontevedra cualifica de "fracaso absoluto" a escasa asistencia á 'becerrada' que abriu a Feira da Peregrina, que este ano organiza unicamente dúas corridas de touros, que terán lugar a vindeira fin de semana. O sábado 10 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade pedindo a fin deste espectáculo de tortura animal
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)