O accidente de tráfico no que morreu unha carteira nos Blancos produciuse durante a súa xornada laboral, resalta o sindicato CGT. No sinistro tamén resultou ferida grave a muller que conducía o outro vehículo implicado no choque.
Fálase
Un xulgado da Coruña obriga a Ryanair a indemnizar con "case 2.000 euros" a dúas pasaxeiras por un atraso de seis horas nun voo Santiago-Madrid. Segundo informa a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), da que ambas son socias, a aeroliña inicialmente aboou 250 euros pola demora, pero a sentenza obrígaa a "facerse cargo dos danos e prexuízos" derivados dela, como a perda doutros voos e dos servizos hoteleiros contratados no destino.
O PP invita ao Rei a que propoña un candidato alternativo a Pedro Sánchez. O número 2 dos populares, Teodoro García Egea, suxire un “candidato de consenso” ou “unha alianza de partidos constitucionalistas entre PP e Ciudadanos coa abstención do resto de partidos.
Esta fin de semana comezou o Festival Intercéltico de Lorient, onde Galicia é o país convidado e no que a música galega é a protagonista, con ducias de actuacións.
Touradas Fóra de Pontevedra cualifica de "fracaso absoluto" a escasa asistencia á 'becerrada' que abriu a Feira da Peregrina, que este ano organiza unicamente dúas corridas de touros, que terán lugar a vindeira fin de semana. O sábado 10 unha manifestación percorrerá as rúas da cidade pedindo a fin deste espectáculo de tortura animal
As fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
As protestas do persoal da CRTVG mobilizado na plataforma Defende a Galega chegaron este venres á semana número 63, na que segue a reivindicación de cumprimento íntegro da lei dos medios públicos. Na imaxe, persoal da delegación da Coruña.
Compostela recibiu este venres o peregrino 200.000 do que vai de ano, cifra que se acada 12 días antes que en 2018 e tres semanas antes que en 2017. Hai uns días Feijóo apelou a unha “era xacobea” cun “Xacobeo de 5.000 días” na presentación dun plan estratéxico que reflicte a masificación como principal aspecto negativo.
Esta fin de semana celébrase en Barreiros o XXXVIII Festival Folclórico Internacional do Emigrante, festa de interese turístico galego con grupos este ano de Rusia, Tahití e Canarias.
O ciclo Atardecer no Gaiás da Cidade da Cultura conta esta noitiña, ás 21 horas, con Malraio, cos que VINTE vén de almorzar no seu local de ensaio no polígono do Tambre