O Supremo condena o ex-ministro Ábalos a 24 anos de prisión no 'Caso Mascarillas' e impón 19 anos e 8 meses ao seu ex-asesor Koldo García. O empresario e comisionista Víctor de Aldama recibe unha condena de 4 anos e medio, menos do solicitado pola Fiscalía, que non terá que cumprir pola súa "achega ao descubrimento de delitos" no caso.