O Goberno central retoma a adxudicación do enlace orbital de Santiago que anunciou no primeiro día da campaña das xerais de hai un ano. A nova conexión entre a AP-9, a autovía a Lugo e os polígonos do norte da cidade non se licitou ata xaneiro e agora retómase o proceso de avaliación de ofertas paralizado hai dous meses.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/orbital-bf9ad46.jpeg)