Rueda di que o acordo co PSdeG sobre o galego no ensino "a quen lle corresponde executalo é á Xunta e hai que facer unha execución lóxica, viable". Tras as discrepancias xurdidas aos poucos minutos entre populares e socialistas sobre se as materias científico-técnicas ou sociais deben darse en galego ou castelán en bloque ou de xeito individualizado, o presidente remite a concreción ao que o Goberno galego estableza na normativa que prevé aprobar nas próximas semanas a través da lei de acompañamento dos Orzamentos para o próximo ano.