Susana Rodríguez gaña o seu oitavo título mundial nos mundiais de tríatlon que se celebran en Pontevedra. A galega vence, xunto a súa guía Sara Pérez, na proba de paratriatlon, na que é a súa terceira medalla de ouro consecutiva.
Susana Rodríguez gaña o seu oitavo título mundial nos mundiais de tríatlon que se celebran en Pontevedra. A galega vence, xunto a súa guía Sara Pérez, na proba de paratriatlon, na que é a súa terceira medalla de ouro consecutiva.
Abanca merca a sede do British Council en Madrid para "impulsar o seu proxecto estratéxico" nesa cidade. O banco di que converterá o histórico inmoble no seu "edificio insignia" na capital de España. O complexo ten unha superficie de 4.000 metros cadrados.
‼️Chegou o día! Velaquí o programa do I Foro #PrazaNaÁgora: O papel da mocidade na crise democrática, que acolle este venres, 25 de setembro o CSC Maruxa e Coralia, en Santiago. Unha xornada para debater sobre vivenda, redes, precariedade e o futuro da democracia:
☀️ MAÑÁ
• 11:30h | Apertura institucional e liñas mestras.
• 11:55h | Beef #1: A visión desde a academia
• 13:00h | Beef #2: Eu que pinto aquí?
🌙 TARDE
• 18:30h | Beef #3: Todo pasa nas redes
• 19:50h | Beef #4: Que empece a festa con Lisdexia 🎶
🗓 Hoxe, 25 de setembro
📍 CSC Maruxa e Coralia (Santiago)
🎟 Entrada libre
🤝Organiza a área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña coa Fundación Praza Pública
↪️Toda a info
A Inspección de Traballo constata a "conduta discriminatoria" de Mercadona contra persoas afiliadas á CIG e proponlle unha sanción de 50.000 euros. O caso analizado refírese a unha delegada do sindicato nun establecemento da compañía en Vigo e advirte dun sistema de valoración do persoal que castiga quen exerce dereitos sindicais.
Un incendio en Calvos de Randín que xa supera as 100 hectáreas obriga a declarar a Situación 2 por proximidade a vivendas. Segundo a Xunta o lume achégase ao núcleo de As Meaus, no veciño concello de Baltar. Mentres, a Xunta segue sen dar por extinguido o incendio iniciado en Quiroga hai case dez días, o 15 de setembro, e que queimou xa máis de 460 hectáreas. [Foto de arquivo: UME]
A escritora Eli Ríos denuncia unha agresión por parte de catro homes tras pedirlles baixar o volume da música. A tamén presidenta da asociación cultural Tempo Novo de Elviña e Castro, na Coruña, asegura que foi rodeada e ameazada por catro persoas na praza cabo da entidade que preside.
Ampliado o período "perigo alto" de incendios forestais en Galicia ata 15 de outubro. Medio Rural fai oficial no DOG a decisión de estender dúas semanas a época con maiores recursos contra o lume no monte, que ía rematar o 30 de setembro "debido ás actuais condicións meteorolóxicas". Na imaxe, incendio forestal a pasada semana en Quiroga [CC-BY-SA ATBrif]
O Supremo confirma 4 anos de cadea ao futbolista vigués Santi Mina por abuso sexual. O alto tribunal ratifica a condena por uns feitos ocorridos en 2017 en Almería. [Foto: Celta de Vigo]
A RAG entrega ao proxecto Aquí Tamén Se Fala do instituto coruñés Rafael Dieste o premio Na lingua que eu falo para recoñecer o seu traballo "a prol da normalización do idioma na infancia e na mocidade". A iniciativa, destaca o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, "presenta a lingua coma un elemento de liberdade, algo que se escolle e que se quere" e ao tempo "amosa que a inmigración non é unha ameaza que nos vén deteriorar, senón algo que nos vén enriquecer, que nos vén abrir ventás, portas para o mundo". "Estes rapaces ensináronnos que unha lingua pode ser tamén un lugar de chegada. Talvez o futuro do galego xa estea aquí", salienta o profesor Alberto Pombo, impulsor de ATSF e director do Rafael Dieste. Na imaxe, alumnado e profesorado participante no proxecto con membros da RAG e coa deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Sol Agra, durante o acto de entrega. [Imaxe: ATSF]
A xaponesa Resonac pon á venda a súa fábrica da Coruña. A multinacional busca comprador para a súa filial, no polígono da Agrela coruñés, dedicada á produción de eléctrodos de grafito e tecnoloxías de optimización para fornos de arco eléctrico, segundo adianta El Economista. A factoría galega conta con 200 traballadores. Foto: Xunta.