O Supremo confirma 4 anos de cadea ao futbolista vigués Santi Mina por abuso sexual. O alto tribunal ratifica a condena por uns feitos ocorridos en 2017 en Almería. [Foto: Celta de Vigo]
O Supremo confirma 4 anos de cadea ao futbolista vigués Santi Mina por abuso sexual. O alto tribunal ratifica a condena por uns feitos ocorridos en 2017 en Almería. [Foto: Celta de Vigo]
A RAG entrega ao proxecto Aquí Tamén Se Fala do instituto coruñés Rafael Dieste o premio Na lingua que eu falo para recoñecer o seu traballo "a prol da normalización do idioma na infancia e na mocidade". A iniciativa, destaca o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, "presenta a lingua coma un elemento de liberdade, algo que se escolle e que se quere" e ao tempo "amosa que a inmigración non é unha ameaza que nos vén deteriorar, senón algo que nos vén enriquecer, que nos vén abrir ventás, portas para o mundo". "Estes rapaces ensináronnos que unha lingua pode ser tamén un lugar de chegada. Talvez o futuro do galego xa estea aquí", salienta o profesor Alberto Pombo, impulsor de ATSF e director do Rafael Dieste. Na imaxe, alumnado e profesorado participante no proxecto con membros da RAG e coa deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Sol Agra, durante o acto de entrega. [Imaxe: ATSF]
A xaponesa Resonac pon á venda a súa fábrica da Coruña. A multinacional busca comprador para a súa filial, no polígono da Agrela coruñés, dedicada á produción de eléctrodos de grafito e tecnoloxías de optimización para fornos de arco eléctrico, segundo adianta El Economista. A factoría galega conta con 200 traballadores. Foto: Xunta.
"Golfas", "traidores" ou "Ceuta se defiende": ataque á sede da Cruz Vermella en Ferrol. O local da entidade social amence con pintadas acusándoa de "mafia de la invasión" ou de "ONG antiespañola". Tamén hai referencias ao Plan Kalergi, teoría conspirativa sen base difundida pola ultradereita. O pasado mes de abril adhesivos neonazis do grupo Núcleo Nacional e mensaxes contra migrantes apareceran tamén nas mesmas paredes. Fotos: Ferrol en Común.
Máis dun milleiro de persoas impiden un acto de Vox en Santiago. Centos de manifestantes forman unha cadea humana ás portas do centro sociocultural San Marta, onde a formación de ultradereita tiña previsto inaugurar o curso político.
O partido sinalou a alcaldesa de Santiago por ter "a responsabilidade de garantir" que exercesen o seu dereito "con liberdade e seguridade". Diversos colectivos sociais e políticos chamaran ao "boicot" do acto. Vídeo difundido por Vox.
A maior parte de Galicia superou os 30º este luns, con temperaturas de case 40 graos en Ourense e por riba dos 35 en Santiago. Meteogalicia advirte de máis calor nos vindeiros días e a Xunta mantén para este martes a alerta vermella no interior de Pontevedra.
A Xunta saca a concurso 153 dereitos mineiros, 126 permisos de investigación e 27 para a explotación de xacementos xa existentes. Rueda anuncia que o Executivo galego exixirá ás empresas un plan social para deixar "o maior retorno económico no territorio".
O xuíz Peinado abre xuízo oral a Begoña Gómez por delitos de tráfico de influencias e malversación. O xuíz envía ao banco cos acusados a esposa do presidente do Goberno de España logo de corrixir o final da súa instrución polas correccións da Audiencia de Madrid. Foto: CC-BY-SA Thomas Holbach.
O BNG insta o goberno de Candia no Concello de Lugo a "non utilizar intelixencia artificial xenerativa na promoción" municipal. "Dende a moción de censura do PP coa concelleira tránsfuga converteuse na solución para anunciar todo tipo de actividades", lamenta o voceiro do Bloque e tenente da alcaldía ata a censura, Rubén Arroxo, quen lembra "que diversos colectivos profesionais" do deseño, ademais da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón "fixeron público o seu malestar". A formación trasladará a petición a través dunha moción no vindeiro pleno municipal "onde reclamará consenso da corporación" ao respecto. Na imaxe, Arroxo e o resto do grupo municipal do BNG lucense.
Alerta vermella por calor este domingo e mais o luns no interior de Pontevedra. A Xunta suspende actividades deportivas e recomenda non realizar outras nas horas de máis calor nesta zona debido ás elevadas temperaturas. No interior e soroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas está activada a alerta amarela e superaranse os 34º no Baixo Miño.