O BNG insta o goberno de Candia no Concello de Lugo a "non utilizar intelixencia artificial xenerativa na promoción" municipal. "Dende a moción de censura do PP coa concelleira tránsfuga converteuse na solución para anunciar todo tipo de actividades", lamenta o voceiro do Bloque e tenente da alcaldía ata a censura, Rubén Arroxo, quen lembra "que diversos colectivos profesionais" do deseño, ademais da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón "fixeron público o seu malestar". A formación trasladará a petición a través dunha moción no vindeiro pleno municipal "onde reclamará consenso da corporación" ao respecto. Na imaxe, Arroxo e o resto do grupo municipal do BNG lucense.