Borja Iglesias, homenaxeado no Concello de Santiago "pola súa traxectoria dende o fútbol base en Santiago ata proclamarse campión do mundo". A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, entregou ao xogador do Celta unha botella con terra de todos os campos de fútbol da cidade, así como un estoxo coa obra de Rosalía de Castro, nun acto no que participaron membros de todas as forzas da corporación. "Recoñecemos un campión do mundo que foi exemplar nun deporte de elite, nun deporte esixente e competitivo, no que hai que ter ambición, mais tamén no que hai que ter compromiso desde o punto de vista persoal, empatía, solidariedade, amabilidade e xenerosidade", salienta Sanmartín. "Sempre me sentín un compostelán orgulloso, a día de hoxe aínda máis", salientou o xogador, na imaxe saudando dende o balcón do Pazo de Raxoi [Imaxe: © Concello de Santiago]