🏴🏴🇮🇪Os líderes de Escocia, Gales e Irlanda do Norte únense para reivindicaren o dereito á autodeterminación. "Por primeira vez", salientan, as tres nacións teñen "primeiros ministros comprometidos coa independencia", polo que "non hai signo máis claro de que o tempo de Westminster", en referencia ao Parlamento e ao Goberno do Reino Unido, "está chegando á súa fin" en cadanseus territorios. Por este motivo o escocés John Swinney, o galés Rhun ap Iorwerth e as irlandesas Michelle O'Neill e Mary Lou McDonald, en representación do Scottish National Party, do Plaid Cymru e do Sinn Féin, instan o Executivo británico a "prepararse, planear e facilitar mudanzas constitucionais" para cadanseus países. Na imaxe, a xuntanza deste luns en Cardiff. [Imaxe: © SNP]