A Coruña e Santiago farán fronte común fronte a Xunta para que "cumpra" coa zona residencial tensionada. A alcaldesa coruñesa, Inés Rey, anuncia que se reunirá o vindeiro venres coa súa homóloga santiaguesa, Goretti Sanmartín, para preparar unha estratexia conxunta de ambos municipios e pide ao Goberno galego máis datos, que di que avalan a contención do prezo na cidade.