A Real Academia Galega presenta o Dicionario castelán-galego en liña, "unha obra moderna cunha forte vocación pedagóxica". Pode consultarse xa na web da RAG, academia.gal, e que tamén está dispoñible a través da aplicación do dicionario monolingüe.
A Real Academia Galega presenta o Dicionario castelán-galego en liña, "unha obra moderna cunha forte vocación pedagóxica". Pode consultarse xa na web da RAG, academia.gal, e que tamén está dispoñible a través da aplicación do dicionario monolingüe.
Os sindicatos cualifican de "maioritario" o seguimento da primeira xornada de folga parcial no ensino concertado. Os docentes dos centros privados sufragados con fondos públicos piden melloras salariais e do horario lectivo, entre outras demandas. Foto: CC-BY-NC-SA CIG Ensino.
Os sistemas históricos e tradicionais de regadío, declarados Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. O Ministerio de Cultura completa o proceso que busca "a salvagarda do conxunto de saberes, coñecementos, técnicas, prácticas, formas de organización social, normas consuetudinarias e mecanismos de transmisión vinculados historicamente ao uso, aproveitamento e xestión tradicional da auga"
Inditex roza os 20.000 millóns en vendas no primeiro semestre do ano e suma un beneficio neto de case 3.000 millóns de euros, un 6,8% máis que un ano antes. A compañía galega cualifica de "excelentes" os seus resultados.
Esperas en torno aos 50 minutos para poder acceder no web da Xunta á petición do Bono Concilia, que se entrega aos máis rápidos ata que se esgotan os cartos e este ano deixa fóra os campamentos municipais, limitando a axuda só a actividades privadas. O prazo de solicitude abriuse ás 9 desta mañá, coincidindo co primeiro día de colexio para milleiros de familias. Na imaxe, fileira virtual de agarda tomada ás 9:07.
O Supremo suspende cautelarmente o voto de quen obtivesen a nacionalidade española pola 'lei de netos' salvo que acrediten ser descendentes de exiliados. A paralización dese efecto da nacionalidade manterase mentres o tribunal decide sobre o fondo da cuestión tras unha denuncia de Vox.
O informe PISA 2025 diagnostica unha baixada xeral do rendemento escolar do alumnado e advirte de "dificultades crecentes con tarefas que requiren concentración sostida".
Xacarandaina, subcampioa do mundo no campionato mundial do folclore celebrado no Brasil. O grupo coruñés acadou o segundo posto por tras da formación de Bulgaria "nunha das finais máis axustadas" do certame da Federación de Festivais Internacionais de Danza (FIDAF). A asociación galega recibiu o primeiro premio a baile en parella e a vestiario.
Rueda falta ao Consello da Xunta deste luns por asistir a un almorzo informativo co presidente de Ceuta en Madrid. O conselleiro Diego Calvo, que presidiu na súa ausencia a reunión semanal do Goberno galego, xustifica que era "o mellor sitio no que podía estar hoxe".
A AfD duplica os seus resultados nas eleccións do estado alemán de Saxonia-Anhalt. A formación de ultradeita obtería máis do 44%, segundo as dúas enquisas publicadas tras o peche das urnas e estaría ao borde da maioría absoluta. Podería formar goberno no caso de que a BSW -único partido que non apoia o cordón sanitario para evitar a chegada da AfD ao poder- acade o 5% necesario para ter representación. Sería a primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial que a extrema dereita accede a un Goberno en Alemaña.