Inditex roza os 20.000 millóns en vendas no primeiro semestre do ano e suma un beneficio neto de case 3.000 millóns de euros, un 6,8% máis que un ano antes. A compañía galega cualifica de "excelentes" os seus resultados.
Inditex roza os 20.000 millóns en vendas no primeiro semestre do ano e suma un beneficio neto de case 3.000 millóns de euros, un 6,8% máis que un ano antes. A compañía galega cualifica de "excelentes" os seus resultados.
Esperas en torno aos 50 minutos para poder acceder no web da Xunta á petición do Bono Concilia, que se entrega aos máis rápidos ata que se esgotan os cartos e este ano deixa fóra os campamentos municipais, limitando a axuda só a actividades privadas. O prazo de solicitude abriuse ás 9 desta mañá, coincidindo co primeiro día de colexio para milleiros de familias. Na imaxe, fileira virtual de agarda tomada ás 9:07.
O Supremo suspende cautelarmente o voto de quen obtivesen a nacionalidade española pola 'lei de netos' salvo que acrediten ser descendentes de exiliados. A paralización dese efecto da nacionalidade manterase mentres o tribunal decide sobre o fondo da cuestión tras unha denuncia de Vox.
O informe PISA 2025 diagnostica unha baixada xeral do rendemento escolar do alumnado e advirte de "dificultades crecentes con tarefas que requiren concentración sostida".
Xacarandaina, subcampioa do mundo no campionato mundial do folclore celebrado no Brasil. O grupo coruñés acadou o segundo posto por tras da formación de Bulgaria "nunha das finais máis axustadas" do certame da Federación de Festivais Internacionais de Danza (FIDAF). A asociación galega recibiu o primeiro premio a baile en parella e a vestiario.
Rueda falta ao Consello da Xunta deste luns por asistir a un almorzo informativo co presidente de Ceuta en Madrid. O conselleiro Diego Calvo, que presidiu na súa ausencia a reunión semanal do Goberno galego, xustifica que era "o mellor sitio no que podía estar hoxe".
A AfD duplica os seus resultados nas eleccións do estado alemán de Saxonia-Anhalt. A formación de ultradeita obtería máis do 44%, segundo as dúas enquisas publicadas tras o peche das urnas e estaría ao borde da maioría absoluta. Podería formar goberno no caso de que a BSW -único partido que non apoia o cordón sanitario para evitar a chegada da AfD ao poder- acade o 5% necesario para ter representación. Sería a primeira vez dende a Segunda Guerra Mundial que a extrema dereita accede a un Goberno en Alemaña.
O barrio ferrolán de Canido acolle esta fin de semana unha nova edición das Meninas, que chegan á súa 18ª entrega. Arte urbana, música, baloncesto e outras actividades con participantes de numerosos países, dende Irán a Australia. Sfhir ofreceu o pregón este venres pola tarde.
Ningunha zona de Galicia estará en alerta vermella por calor mañá sábado. A Xunta informa de que non haberá zona ningunha no nivel máximo por altas temperaturas aínda que o interior de Pontevedra e a comarca de Valdeorras manterán a alerta laranxa. Será amarela na montaña de Lugo, o noroeste de Ourense e o Miño na mesma provincia. Ademais, Meteogalicia advirte do risco de tormentas no centro e na montaña da provincia de Lugo.
O Ministerio de Facenda saca adiante o novo modelo de financiamento das autonomías cos apoios de Catalunya e Canarias e a oposición dos gobernos do PP, entre eles o de Galicia, e mais de Asturias e Castilla-La Mancha, con presidentes do PSOE. O novo sistema substitúe o aprobado en 2009. Segundo os cálculos do Goberno de España, a Xunta recibirá uns 600 millóns adicionais nun ano co novo modelo, que mellora a posición galega, aínda que por baixo da media.