Ningunha zona de Galicia estará en alerta vermella por calor mañá sábado. A Xunta informa de que non haberá zona ningunha no nivel máximo por altas temperaturas aínda que o interior de Pontevedra e a comarca de Valdeorras manterán a alerta laranxa. Será amarela na montaña de Lugo, o noroeste de Ourense e o Miño na mesma provincia. Ademais, Meteogalicia advirte do risco de tormentas no centro e na montaña da provincia de Lugo.