O delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco, supervisou este xoves o resultado dos traballos de humanización e renovación integral da contorna da Ría do Burgo, "practicamente finalizados". Estivo xunto ás alcaldesas e alcaldes da Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre no paseo "renovado, amplo e accesible, con novos pasos peonís e carrís bici, con vexetación autóctona e protección fronte ás inundacións". "Era unha demanda histórica. Moitos gobernos escoitaron estas reivindicacións, pero foi o goberno de Pedro Sánchez o que deu o paso adiante e fixo realidade esta recuperación", subliñou Blanco.