Milleiros de persoas secundan as mobilizacións "en solidariedade e apoio ao Ceuta", convocadas formalmente pola Federación Española de Municipios e Provincias e alentadas con intensidade polos partidos da dereita como forma de protesta contra o Goberno de España. Múltiplos cargos do PPdeG, encabezados por Alfonso Rueda -na imaxe, na Coruña- acudiron ás concentracións, nas que abondaron as proclamas contra Pedro Sánchez. [Imaxe: PPdeG]