Borja Iglesias recibiu este xoves unha homenaxe en Balaídos como gañador da Copa do Mundo de fútbol.
Borja Iglesias recibiu este xoves unha homenaxe en Balaídos como gañador da Copa do Mundo de fútbol.
Un brote de sarna afecta desde hai dous meses á residencia de maiores de DomusVi en Monforte. O caso foi denunciado pola CIG e afecta tanto a residentes como persoal.
Esta madrugada poderá verse en Galicia unha eclipse parcial de Lúa, que acadará a máxima ocultación ás 6.13 horas, cun 93%. A Lúa comezará a entrar ás 3.25 horas no cono de penumbra e ás 4.34 horas farao no cono de sombra, comezando neste intre a eclipse parcial. Esta fase durará ata as 7.51 horas. Ao contrario do que sucede coas eclipses solares, nas de Lúa non é necesario protexer a nosa visión para a súa contemplación, explica o coordinador do Observatorio da USC, José Ángel Docobo
Meta, propietaria de Facebook e Instagram, pagará 16.680 millóns para evitar un xuízo por adición ás redes. Diversos estados dos Estados Unidos acusaban á empresa de xerar adición a menores de idade. [Imaxe: CC-BY-SA Mariia Shalabaieva]
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga en 32 concellos. O Goberno galego decidiu manter a mesma situación decretada hai dúas semanas, con outros 59 concellos en prealerta, aos que hai que engadir todos os da conca Miño-Sil, de competencia estatal. [Aquí podes consultar un mapa interactivo]
Educación confirma no DOG o peche de catro escolas para este curso, en Boiro, Portas, Mesía e Taboadela. A consellería publica a actualización anual de unidades e postos de traballo docentes en cada centro de ensino.
⚡️⛈️ As treboadas das últimas 24 horas deixaron na zona da Península Ibérica un total de 5.344 raios, dos cales 2.186 foron en Galicia, a maioría durante o serán e a noite do domingo, segundo os datos de MeteoGalicia.
Tras varias semanas de calor e seca, a última semana de agosto preséntase cunha previsión de tempo chuvioso en toda Galicia durante varios días.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
A illa de San Simón xa é Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica a resolución definitiva que así o declara, culminando un proceso iniciado hai un ano. Esta resolución chega unha semana despois da que tamén declarou Lugar de Memoria Democrática a Meirás.