⚡️⛈️ As treboadas das últimas 24 horas deixaron na zona da Península Ibérica un total de 5.344 raios, dos cales 2.186 foron en Galicia, a maioría durante o serán e a noite do domingo, segundo os datos de MeteoGalicia.
⚡️⛈️ As treboadas das últimas 24 horas deixaron na zona da Península Ibérica un total de 5.344 raios, dos cales 2.186 foron en Galicia, a maioría durante o serán e a noite do domingo, segundo os datos de MeteoGalicia.
Tras varias semanas de calor e seca, a última semana de agosto preséntase cunha previsión de tempo chuvioso en toda Galicia durante varios días.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
A illa de San Simón xa é Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica a resolución definitiva que así o declara, culminando un proceso iniciado hai un ano. Esta resolución chega unha semana despois da que tamén declarou Lugar de Memoria Democrática a Meirás.
O Sergas chama a doar sangue, especialmente do grupo 0 Negativo. A axencia galega de doazón lembra que precisa máis de 400 doazóns diarias e advirte de varios grupos con reservas escasas pola baixada de doantes en verán.
Medio Rural detecta un caso de lingua azul nunha explotación de Chantada, cuarto foco deste ano. É o primeiro animal confirmado co serotipo 3 na provincia en 2026 logo logo da detección do serotipo 8 nesa provincia no mes de xullo, sendo así a segunda en Galicia, tras A Coruña, na que se detecta circulación viral de ambos os dous serotipos.
O Concello de Santiago celebrou este mércores un acto institucional en lembranza do alcalde republicano Ánxel Casal, asasinado hai 90 anos Cacheiras tras o golpe militar. No acto, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, reivindicou a necesidade de que “a memoria levante todas as lousas do silencio que nos impuxeron e que ninguén sinta medo por pensar e soñar un país máis xusto e máis libre”.
Galicia respira tras un martes de calor abafante, onde varias localidades do sur superaron os 42ºC. As temperaturas baixan notablemente este mércores, no que ningún concello superará os 36ºC. Tan só o val do Miño de Ourense e Valdeorras manterán a alerta laranxa.
O aire cálido sobre Galicia volve deixar altas temperaturas, sobre todo no sur do país, especialmente á beira do Miño na provincia de Ourense. As máximas volverán roldar os 35ºC-40ºC en moitas zonas, con descensos notables nos termómetros a partir de mañá mércores, segundo di Meteogalicia.
Calor abafante no sur de Galicia este luns, con temperaturas de máis de 40ºC na beira do Miño en Pontevedra e de entre 35ºC e 40ºC en Valdeorras, Ribeira Sacra, sur e Miño de Ourense, segundo informa Meteogalicia, que advirte de entre 36 e 48 horas máis de condicións extremas ata o descenso notable que se agarda para o mércores.