Xosé Ballesteros, cofundador e director xeral de Kalandraka Editora, distinguido co Premio LIBER 2026 da Federación de Gremios de Editores de España pola súa traxectoria. A Xunta Directiva da FGEE recoñece o seu labor como editor, escritor, tradutor e especialista en literatura infantil e xuvenil, así como o seu compromiso coa edición de calidade, a creación literaria e a promoción da lectura. Esta homenaxe celebrarase o 30 de setembro en Barcelona, no Museu Nacional d’Art de Catalunya, durante a Gala LIBER. [📸 ©Kalandraka]