"Se algo caracteriza ao PP é a súa sensación de unidade e coherencia", di Rueda tras renunciar todos os seus edís en Verín. O líder popular espera "que non se dean máis problemas deste tipo".
"Se algo caracteriza ao PP é a súa sensación de unidade e coherencia", di Rueda tras renunciar todos os seus edís en Verín. O líder popular espera "que non se dean máis problemas deste tipo".
Ferrol acolleu este domingo un 'antitributo' ao Marqués de Amboage pola relación da súa familia co tráfico de escravos. O acto celebrouse ante a súa estatua na praza que leva o seu nome
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta.
Obdulia Taboadela, nova subdelegada do Goberno na provincia da Coruña. O delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco, seleccionouna para o cargo en substitución de Julio Abalde, de quen avanzan a súa xubilación este luns, 31 de agosto. Tomará posesión a mediados de setembro, unha vez deixe o Congreso, onde é deputada pola Coruña desde 2023. Taboadela ocupou previamente o cargo de subdelegada do Goberno na Coruña entre 2004 e 2007 e foi concelleira na Coruña e senadora, entre outros destinos. [📸 PSdeG]
Este venres é a terceira xornada de folga nos buses interurbanos do sur de Vigo, logo das convocadas os días 7 e 14. O persoal da concesionaria, Lugove-Subus, critica que a empresa aínda nin estableceu contacto coa representación sindical.
Borja Iglesias recibiu este xoves unha homenaxe en Balaídos como gañador da Copa do Mundo de fútbol.
Un brote de sarna afecta desde hai dous meses á residencia de maiores de DomusVi en Monforte. O caso foi denunciado pola CIG e afecta tanto a residentes como persoal.
Esta madrugada poderá verse en Galicia unha eclipse parcial de Lúa, que acadará a máxima ocultación ás 6.13 horas, cun 93%. A Lúa comezará a entrar ás 3.25 horas no cono de penumbra e ás 4.34 horas farao no cono de sombra, comezando neste intre a eclipse parcial. Esta fase durará ata as 7.51 horas. Ao contrario do que sucede coas eclipses solares, nas de Lúa non é necesario protexer a nosa visión para a súa contemplación, explica o coordinador do Observatorio da USC, José Ángel Docobo
Meta, propietaria de Facebook e Instagram, pagará 16.680 millóns para evitar un xuízo por adición ás redes. Diversos estados dos Estados Unidos acusaban á empresa de xerar adición a menores de idade. [Imaxe: CC-BY-SA Mariia Shalabaieva]
A Xunta mantén a alerta por escaseza de auga en 32 concellos. O Goberno galego decidiu manter a mesma situación decretada hai dúas semanas, con outros 59 concellos en prealerta, aos que hai que engadir todos os da conca Miño-Sil, de competencia estatal. [Aquí podes consultar un mapa interactivo]