A Xunta tarda un ano en deseñar de novo as concesións de bus fracasadas no Baixo Miño e aínda terá que sacalas a concurso. Hai un ano o Goberno galego rescindiu cinco concesións no sur da provincia de Pontevedra prestadas por Lugove, pero á espera de asinar novos contratos deixou que as seguise prestando a mesma empresa, que nas últimas semanas rexistrou varias xornadas de folga. Agora a Xunta expón ao público o novo deseño de tres desas cinco novas concesións, co que o novo concurso aínda se vai demorar máis meses.