O Movemento Galego da Saúde Mental fixo soar 303 badaladas este xoves na praza das Praterías de Santiago de Compostela, unha badalada por cada persoa que se suicidou en 2025, no Día mundial da prevención do suicidio.
O Movemento Galego da Saúde Mental fixo soar 303 badaladas este xoves na praza das Praterías de Santiago de Compostela, unha badalada por cada persoa que se suicidou en 2025, no Día mundial da prevención do suicidio.
O Congreso aproba a proposición de lei para devolver a nacionalidade española á poboación saharauí que a tiña ata a ocupación marroquí do territorio. Concretamente, o texto impulsado por Sumar outorga o dereito "ás persoas nacidas no territorio do Sáhara Occidental antes do 29 de setembro de 1977" e fixa os medios para probar esa circunstancia. Saíu adiante con 168 votos a prol do PSOE, Sumar, ERC, Bildu, PNV, Podemos, BNG e Compromís; 145 abstencións de PP e Junts e os únicos votos en contra de Vox. A norma continúa agora trámite cara ao Senado dende onde, caso de ser rexeitada pola maioría absoluta do PP, volvería ao Congreso para o visto e prace definitivo. Na imaxe, mapa colonial do Sáhara Occidental e a súa contorna editado polo Estado español en 1952.
🦟 A Xunta fai un chamamento á cidadanía para extremar en setembro as medidas de prevención fronte ao mosquito tigre, pois as condicións meteorolóxicas poden favorecer a súa actividade e reprodución. A presenza do mosquito tigre xa está confirmada en 10 concellos galegos: A Coruña, Bueu, Moaña, Mos, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Vigo. [📸 Na imaxe, reunión do Comité Técnico Interdepartamental do Mosquito Tigre CC-BY-SA Xunta de Galicia]
A Real Academia Galega presenta o Dicionario castelán-galego en liña, "unha obra moderna cunha forte vocación pedagóxica". Pode consultarse xa na web da RAG, academia.gal, e que tamén está dispoñible a través da aplicación do dicionario monolingüe.
Os sindicatos cualifican de "maioritario" o seguimento da primeira xornada de folga parcial no ensino concertado. Os docentes dos centros privados sufragados con fondos públicos piden melloras salariais e do horario lectivo, entre outras demandas. Foto: CC-BY-NC-SA CIG Ensino.
Os sistemas históricos e tradicionais de regadío, declarados Manifestación Representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial. O Ministerio de Cultura completa o proceso que busca "a salvagarda do conxunto de saberes, coñecementos, técnicas, prácticas, formas de organización social, normas consuetudinarias e mecanismos de transmisión vinculados historicamente ao uso, aproveitamento e xestión tradicional da auga"
Inditex roza os 20.000 millóns en vendas no primeiro semestre do ano e suma un beneficio neto de case 3.000 millóns de euros, un 6,8% máis que un ano antes. A compañía galega cualifica de "excelentes" os seus resultados.
Esperas en torno aos 50 minutos para poder acceder no web da Xunta á petición do Bono Concilia, que se entrega aos máis rápidos ata que se esgotan os cartos e este ano deixa fóra os campamentos municipais, limitando a axuda só a actividades privadas. O prazo de solicitude abriuse ás 9 desta mañá, coincidindo co primeiro día de colexio para milleiros de familias. Na imaxe, fileira virtual de agarda tomada ás 9:07.
O Supremo suspende cautelarmente o voto de quen obtivesen a nacionalidade española pola 'lei de netos' salvo que acrediten ser descendentes de exiliados. A paralización dese efecto da nacionalidade manterase mentres o tribunal decide sobre o fondo da cuestión tras unha denuncia de Vox.
O informe PISA 2025 diagnostica unha baixada xeral do rendemento escolar do alumnado e advirte de "dificultades crecentes con tarefas que requiren concentración sostida".