O Congreso aproba a proposición de lei para devolver a nacionalidade española á poboación saharauí que a tiña ata a ocupación marroquí do territorio. Concretamente, o texto impulsado por Sumar outorga o dereito "ás persoas nacidas no territorio do Sáhara Occidental antes do 29 de setembro de 1977" e fixa os medios para probar esa circunstancia. Saíu adiante con 168 votos a prol do PSOE, Sumar, ERC, Bildu, PNV, Podemos, BNG e Compromís; 145 abstencións de PP e Junts e os únicos votos en contra de Vox. A norma continúa agora trámite cara ao Senado dende onde, caso de ser rexeitada pola maioría absoluta do PP, volvería ao Congreso para o visto e prace definitivo. Na imaxe, mapa colonial do Sáhara Occidental e a súa contorna editado polo Estado español en 1952.
- As 'Vacacións en Paz' despídense ata o ano que vén: "O do Sáhara non é solidariedade, é un problema político"
- HEMEROTECA | Dous actos en Galicia reclaman o dereito de autodeterminación do pobo saharauí no 50 aniversario da RASD
- HEMEROTECA | O conflito recrúa no Sáhara: de gozar os veráns en Galicia a adestrarse para a guerra
- HEMEROTECA | "O pobo saharahuí non pode vivir da solidariedade, quere vivir dos recursos da súa propia terra"
- HEMEROTECA | España volve deixar o pobo saharauí nas mans de Marrocos en plena mudanza do taboleiro internacional