⚫️ Falece o artista ourensán Antón Pulido, primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e director xeral de Cultura da Xunta de Galicia nos anos noventa. Pintor, especialista na técnica do gravado e xestor cultural, finou aos 81 anos na cidade de Vigo, da que é veciño ilustre. Foi recoñecido como 'Fillo predilecto de Amoeiro' e mais como 'Vigués distinguido', e recibiu numerosas distincións na súa traxectoria artística, como o Premio da Crítica de Galicia ou o Premio Trasalba que outorga a Fundación Otero Pedrayo. A súa obra chegou a galerías de toda Europa e seguirá enchendo de cor o cruzamento vigués de Peniche co seu mural. [Na imaxe, autorretrato do pintor © Antón Pulido]