Veciñanza de Cangas amosa o seu rexeitamento á carpa informativa instalada por Vox na vila ao berro de "non pasarán" ou "O Morrazo é antifascista". A formación de ultradereita culpa da protesta ao "odio que algúns levan anos sementando en Galicia" e acusa os manifestantes de "rodear, insultar e intimidar a quen pensan diferente".
Fálase
Os EUA anuncian un acordo con Dinamarca para controlar "para sempre" a seguridade en Groenlandia. A primeira ministra danesa afirma que o acordo fortalece a seguridade en común e que recoñece a soberanía e integridade territorial de Dinamarca e o "dereito de Groenlandia á autodeterminación".
A Xunta publica a distribución dos 200.000 euros das axudas anuais "a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego". Praza.gal non pode concorrer a estas axudas por destinárense a cabeceiras impresas, mais tampouco ás xerais para "empresas xornalísticas e de radiodifusión", que a Secretaría Xeral de Medios convocou para este 2026 cunha dotación de case 2 millóns, 455.000 deles para xornais dixitais e das que este xornal fica fóra por ser a súa editora, a Fundación Praza Pública, unha entidade sen ánimo de lucro, suposto que o Goberno galego vén mantendo como causa de exclusión para optar a elas. Na imaxe, unha sala de prensa en San Caetano, nunha fotografía de arquivo.
O Congreso aproba definitivamente a reforma das leis de Dependencia e Discapacidade: converte en obriga que o Estado asuma o 50% do gasto en atención ás persoas dependentes, para as que elimina as incompatibilidades entre prestacións públicas -medida esta xa vixente en Galicia-, entre outras melloras. Na imaxe, o ministro de Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy, defendendo a reforma durante o seu debate na Cámara Baixa, que culminou o trámite tras aprobar emendas procedentes do Senado. [Imaxe: © Congreso]
🤗 Achégase o día para atoparnos!
Praza na Ágora
🗣 O papel da mocidade na crise democrática
🗓 25 de setembro
📍 CSC Maruxa e Coralia (Santiago)
🕦 Dende as 11:30
↪️ Organiza a Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Praza Pública
- 📺 Mocidade, democracia e memoria en Praza.gal, coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 anos de España en Liberdade
‘A Coruña, porto negreiro’, a exposición da UDC que dende abril acolleu NORMAL, péchase este martes cunha conversa sobre memoria colonial, identidade e cidade. Será ás 19 horas na Sala CUBO, coa participación da escritora e tradutora María Reimóndez e as comisarias da exposición e investigadoras Cristina Botana e Zinthia Álvarez Palomino; exercerá de moderadora Yosehanna Ledesma.
Borja Iglesias, homenaxeado no Concello de Santiago "pola súa traxectoria dende o fútbol base en Santiago ata proclamarse campión do mundo". A alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, entregou ao xogador do Celta unha botella con terra de todos os campos de fútbol da cidade, así como un estoxo coa obra de Rosalía de Castro, nun acto no que participaron membros de todas as forzas da corporación. "Recoñecemos un campión do mundo que foi exemplar nun deporte de elite, nun deporte esixente e competitivo, no que hai que ter ambición, mais tamén no que hai que ter compromiso desde o punto de vista persoal, empatía, solidariedade, amabilidade e xenerosidade", salienta Sanmartín. "Sempre me sentín un compostelán orgulloso, a día de hoxe aínda máis", salientou o xogador, na imaxe saudando dende o balcón do Pazo de Raxoi [Imaxe: © Concello de Santiago]
Charo Lopes, XXIII premio González Garcés de Poesía, convocado pola Deputación da Coruña. Da obra gañadora, O diálogo das siamesas, o xurado valorou "a construción dunha voz bicéfala con retranca e humor negro que indaga na dualidade, na negociación interna".
🏴🏴🇮🇪Os líderes de Escocia, Gales e Irlanda do Norte únense para reivindicaren o dereito á autodeterminación. "Por primeira vez", salientan, as tres nacións teñen "primeiros ministros comprometidos coa independencia", polo que "non hai signo máis claro de que o tempo de Westminster", en referencia ao Parlamento e ao Goberno do Reino Unido, "está chegando á súa fin" en cadanseus territorios. Por este motivo o escocés John Swinney, o galés Rhun ap Iorwerth e as irlandesas Michelle O'Neill e Mary Lou McDonald, en representación do Scottish National Party, do Plaid Cymru e do Sinn Féin, instan o Executivo británico a "prepararse, planear e facilitar mudanzas constitucionais" para cadanseus países. Na imaxe, a xuntanza deste luns en Cardiff. [Imaxe: © SNP]
🚲 La Vuelta sairá de Galicia en 2027 coincidindo co Ano Santo. O evento ciclista rematou este domingo en Granada, onde o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, asistiu á derradeira etapa e destacou o valor de La Vuelta como escaparate internacional que situará Galicia no punto de mira para milleiros de peregrinos e visitantes. Ata a edición de 2025, Galicia acolleu 93 saídas e 82 metas de etapa de La Vuelta, ademais de ser saída oficial da carreira en oito ocasións.