Máis dun milleiro de persoas impiden un acto de Vox en Santiago. Centos de manifestantes forman unha cadea humana ás portas do centro sociocultural San Marta, onde a formación de ultradereita tiña previsto inaugurar o curso político.
O partido sinalou a alcaldesa de Santiago por ter "a responsabilidade de garantir" que exercesen o seu dereito "con liberdade e seguridade". Diversos colectivos sociais e políticos chamaran ao "boicot" do acto. Vídeo difundido por Vox.
Fálase
A maior parte de Galicia superou os 30º este luns, con temperaturas de case 40 graos en Ourense e por riba dos 35 en Santiago. Meteogalicia advirte de máis calor nos vindeiros días e a Xunta mantén para este martes a alerta vermella no interior de Pontevedra.
A Xunta saca a concurso 153 dereitos mineiros, 126 permisos de investigación e 27 para a explotación de xacementos xa existentes. Rueda anuncia que o Executivo galego exixirá ás empresas un plan social para deixar "o maior retorno económico no territorio".
O xuíz Peinado abre xuízo oral a Begoña Gómez por delitos de tráfico de influencias e malversación. O xuíz envía ao banco cos acusados a esposa do presidente do Goberno de España logo de corrixir o final da súa instrución polas correccións da Audiencia de Madrid. Foto: CC-BY-SA Thomas Holbach.
- ✍️ HEMEROTECA - OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias
O BNG insta o goberno de Candia no Concello de Lugo a "non utilizar intelixencia artificial xenerativa na promoción" municipal. "Dende a moción de censura do PP coa concelleira tránsfuga converteuse na solución para anunciar todo tipo de actividades", lamenta o voceiro do Bloque e tenente da alcaldía ata a censura, Rubén Arroxo, quen lembra "que diversos colectivos profesionais" do deseño, ademais da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón "fixeron público o seu malestar". A formación trasladará a petición a través dunha moción no vindeiro pleno municipal "onde reclamará consenso da corporación" ao respecto. Na imaxe, Arroxo e o resto do grupo municipal do BNG lucense.
Alerta vermella por calor este domingo e mais o luns no interior de Pontevedra. A Xunta suspende actividades deportivas e recomenda non realizar outras nas horas de máis calor nesta zona debido ás elevadas temperaturas. No interior e soroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas está activada a alerta amarela e superaranse os 34º no Baixo Miño.
Veciñanza de Cangas amosa o seu rexeitamento á carpa informativa instalada por Vox na vila ao berro de "non pasarán" ou "O Morrazo é antifascista". A formación de ultradereita culpa da protesta ao "odio que algúns levan anos sementando en Galicia" e acusa os manifestantes de "rodear, insultar e intimidar a quen pensan diferente".
Os EUA anuncian un acordo con Dinamarca para controlar "para sempre" a seguridade en Groenlandia. A primeira ministra danesa afirma que o acordo fortalece a seguridade en común e que recoñece a soberanía e integridade territorial de Dinamarca e o "dereito de Groenlandia á autodeterminación".
A Xunta publica a distribución dos 200.000 euros das axudas anuais "a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego". Praza.gal non pode concorrer a estas axudas por destinárense a cabeceiras impresas, mais tampouco ás xerais para "empresas xornalísticas e de radiodifusión", que a Secretaría Xeral de Medios convocou para este 2026 cunha dotación de case 2 millóns, 455.000 deles para xornais dixitais e das que este xornal fica fóra por ser a súa editora, a Fundación Praza Pública, unha entidade sen ánimo de lucro, suposto que o Goberno galego vén mantendo como causa de exclusión para optar a elas. Na imaxe, unha sala de prensa en San Caetano, nunha fotografía de arquivo.
O Congreso aproba definitivamente a reforma das leis de Dependencia e Discapacidade: converte en obriga que o Estado asuma o 50% do gasto en atención ás persoas dependentes, para as que elimina as incompatibilidades entre prestacións públicas -medida esta xa vixente en Galicia-, entre outras melloras. Na imaxe, o ministro de Dereitos Sociais, Pablo Bustinduy, defendendo a reforma durante o seu debate na Cámara Baixa, que culminou o trámite tras aprobar emendas procedentes do Senado. [Imaxe: © Congreso]