Falece en Vigo ‘Peón Kurtz’, un dos fundadores da banda Def Con Dos. Na noite deste venres, 25 de setembro, morreu José Costas Peón, coñecido como ‘Peón Kurtz’, fundador de Def Con Dos e irmán de Miguel Costas Peón (Siniestro Total) e Rosa Costas Peón (Aerolíneas Federales). “Peón Kurtz amou profundamente a música, o cinema e os cómics, case tanto como á súa nai, ao seu fillo e aos seus irmáns”, subliña o xornalista e escritor Renato Landeira, que informou da noticia en redes sociais.