A Asociación Puntogal e a empresa Voltier Electronics, novos patrocinadores principais das seleccións de fútbol gaélico para os dous próximos anos. Ambas entidades asinaron este mércores o seu compromiso coa Asociación Galega de Fútbol Gaélico.
Fálase
Hoxe comeza a selectividade en Galicia, que inclúe novos controis como "escaneos aleatorios" nas aulas con detectores de frecuencias para evitar que o alumnado reciba instrucións dende o exterior durante os exames. Nas probas participan máis de 11.000 estudantes mentres a Xunta alimenta o debate sobre a necesidade dunha selectividade idéntica en todo o Estado, que o sindicato maioritario na educación, a CIG-Ensino, rexeita.
O Concello de Vigo activa unha enquisa na súa web para "pulsar o parecer da cidadanía" sobre a posibilidade de prohibir fumar no estadio de Balaídos e "nalgunhas" praias da cidade, como Samil ou Rodas.
O Defensor del Pueblo denuncia a falta de módulos para persoas con discapacidade intelectual nos cárceres, entre eles todos o galegos.
A canle sobre ciencia en galego 'O Son das Ideas' vén de lanzar un novo vídeo, onde explican o concepto de "Velocidade Terminal". O 17 de maio botou a andar 'Concienciadas', un novo espazo de divulgación científica en Praza.gal
A rapazada de Ames volve escoller o churrasco con patacas fritidas no seu 'referendo' para o menú de fin de curso nos comedores escolares. "Dende o 2011 o churrasco con patacas gañou en sete ocasións e a pizza de xamón e queixo, dúas veces", destacan dende a rede de comedores escolares, dependente do Concello. (Imaxe: Concello de Ames)
Sánchez e Iglesias manteñen o primeiro encontro cara á investidura e din concordar en abordar a conformación dun "goberno de cooperación" con apoio de PSOE e Podemos. Polo momento, afirman, "non se falou de nomes" para os ministerios.
PSdeG e Marea Atlántica manteñen este mediodía a primeira xuntanza sobre a configuración do vindeiro goberno local da Coruña. Marea Atlántica xa ratificou a pasada semana que votará a prol da investidura da socialista Inés Rey, sinalando as negociacións que agora comezan como horizonte para decidir a súa postura sobre o resto do mandato.
Atopan en Cova Eirós un recipiente cerámico con orixe nos momentos iniciais do Neolítico, hai uns 6.000 anos, unha etapa aínda escasamente representada na Prehistoria galega. O estilo da peza permite relacionala con conxuntos oleiros do sur de Portugal. A cova confírmase como o xacemento prehistórico máis importante de Galicia, trala descuberta hai dous anos de valiosas pinturas rupestres
O xuíz accede á petición do PP e da Fiscalía e non permitirá retransmitir en directo o xuízo pola destrución dos ordenadores de Luis Bárcenas.